Olá, mundo!

•18 de Novembro de 2010 • 1 comentario

Ata aquí cheguei de agora para diante xa veremos

Soidade

•15 de Decembro de 2009 • 2 Comentarios
 
Só, unha unidade,
unicamente unha soidade,
soa, unha individuista,
somente unha incomunicadora,
só, un illante,
unicamente unha indepedante
soa, unha presa,  
somente unha afastadoresa
só, un unicornio,
unicamente un ensoñadornio.
 

Veu dar en min cara ao solpor

•10 de Novembro de 2009 • Deixar un comentario

 

  

 

 

Veu dar en min lonxe dos meus soños,

en cas do tempo en redondel;

coas inquedanzas diante da infusión de serpes,

repetía o lamento: meu amor, onde estabas?

 

Traía a incredulidade atada a el cun vello cordel

de lembranza. Mentres me fitaba de esguello

co entendemento negro, calado, redondo, brillante,

-Onde estabas, meu amor?- repetía o lamento

 

Acendín un cigarro de Amar Gura e cismei: terá fame

terá sono, terá frío…terá medo. Mellor

 se non di nada, as palabras lévaas o vento.

E o lamento repetía: onde estabas, meu amor?

 

 

Berraban despavoridas

•26 de Setembro de 2009 • 4 Comentarios
Púxolle a man aberta na cara e desprazouna cara a atrás polo pescozo, deica a caluga, ata que o cabelo se lle enguedellou nos dedos.
 
Ela creu que se ía desvaír: todas as células do corpo berraban desorientadas e de xeito caótico; non lle entendía o que demo querían dicir. Paralizouse.
 
Berraban de pánico. Só querían escapar, irse a outra cidade, a outro planeta, a outra vida.
 

Conversa de tres pés para un banco

•26 de Setembro de 2009 • 1 comentario

 
Pé un (CAN CURRO): Soño con viaxar escoitando un impulso matemático, cantiga do universo, dun tal grupo Supervivencia.
Pé dous (CADELA LALA): Pois eu vexo unha fiestra aberta que dá a unha paisaxe cotiá, con luminosidade no ceo calmo.
Pé tres (AMA PATI): O meu é buscar de xeito innato a auga límpida dun regueiro refrescante, é o regueiro do Eido da Coella.
 
 

 

 

Voltas

•3 de Setembro de 2009 • 2 Comentarios
 
Tictac, tictac, tictac
 
Unha espiral, aquela roda, o propio círculo pechado
o meu remuíño, outro embude,
esa esfera baleira de enerxía
estoutra canica, calquera resorte,
a noria que me devolve ao mesmo punto,
escada de caracol que non ten final,
algún tornado que me levanta do chan,
cada buraco negro no meu universo,
REDONDEL de tempo.
 
 
 

Amar Gura

•12 de Agosto de 2009 • 6 Comentarios

Ciumes, dor absurda, es unha parviña

•13 de Xullo de 2009 • 1 comentario
 

Un día , despois de facer o amor, pegoulle por chorar. Matinou que contigo tiña moito que perder; xa non era quen de calcular o que te quería… iso equivalería a infinito?: era algo parva.  E limpou as bágoas e saloucou quediña para que ti non te enteraras. Era parva que cho digo eu. Peor para ela que non aprendía.
 
Necesítabate. Unha paradoxa, porque para que? Tiñas ti a resposta? A túa resposta foi es parvísima. Tiña o que merecía. Só frustración. Odiábaa, toda a vida coidándoa, estaría mellor só. 
 
Había tempo que a carcomían; os ciumes eran unha pésima e absurda compañía. Os seus, calados para non facerche mal, para que foses libre de escoller a vida que desexabas sen ver sufrimento (aínda por riba), fríos coma o carambelo, paralizábanlle as bágoas na gorxa e conxelábanlle a aura ata partirlla. 
 
Así, non era feliz; e cada vez sería peor persoa contigo ata convertise nunha bruxa. E non cho dicía. Dor contida. Ela non sabía compartirte nin deixarte; así que fixécheslle un favor, recolliches as túas cousas e fúcheste.
 
 
13 de xullo de 2009

Voute levar a Londres

•21 de Marzo de 2009 • 1 comentario
 
O Principiño levouna a Londres: unha viaxe intensa en sensacións e sentimentos. E en Londres, Heidi, que era atea, atopouse outra vez co seu amor e o seus fantasmas unidos na cara e na cruz dunha moeda. Sentiu as mesmas náuseas que a primeira vez, a mesma dor na alma, o mesmo sen sentido: chorou. E no avión de volta descubriuse rezando para que non fose certo.
 

“apprivoise-moi”

•20 de Febreiro de 2009 • Deixar un comentario
 
“Apprivoise-moi”
 
 
"Soamente se coñecen ben as cousas que se domestican-dixo o raposo-os homes non teñen tempo de coñecer nada. Mercan todo xa feito nas tendas, pero como non hai ningunha onde se vendan amigos, os homes non teñen amigos. Se queres un amigo, domesticame!"……"Tu serás único para min… e eu serei único no mundo"
 
"Xa entendo- dixo o principiño-. Hai unha flor…creo que ela me domesticou"
"Deste xeito o principiño domesticou o raposo. E cando estaba cerca a hora da despedida, o raposo dixo:

¡Ah!.. ¡vou chorar!
A culpa é túa eu non che quería facer mal, pero ti empeñácheste en que te domesticase…
Claro..
Pero vas chorar..
Claro…
Entón pouco saíches gañando..
Si que gañei-dixo o raposo-…"